UN GRUPO DO ALUMNADO DE 2ºBAC EMBALA AS DOAZÓNS PARA O POVO UCRAÍNO

O grupo de alumnos e alumnas de segundo de bacharelato clasificou e empaquetou os produtos de primeira necesidade que a comunidade escolar foi doando ao longo da semana pasada dentro da campaña de recollida que se está a facer a nivel comarcal e que hoxe levamos ás dependencias de Protección Civil de Padrón. Proximamente sairán destinadas a Ucrania. Non obstante esta recollida xa entregada, seguiremos recollendo até novo aviso. 
Agardamos que se atopen vías diplomáticas para chegar a un acordo que poña fin a esta escalada bélica tan perigoso e cuxas consecuencias máis dramáticas serán a morte e o exilio forzoso de millóns de persoas, tal e como acontece desgrazadamente en tantas partes do mundo.

POLA PAZ E POLO DESARME
NON ÁS GUERRAS









Comentarios