EXPOSICIÓN DE PINTURA DE MARTA LE

 Retomamos o proxecto Aula Galería iniciada na aula de filosofía e reubicámonos noutro espazo, o Recuncho violeta, concebido como un espazo de igualdade e creatividade que ten como protagonista ao alumnado e que foi xa inaugurado pola exposición de fotos de Lucía Costa Torrado no pasado mes de xaneiro. Este mes a convidada é Marta Le, alumna hoxe de segundo de bacharelato, e suficientemente coñecida no noso centro polas aportacións creativas que foi ofrecendo para diversos proxectos e gañadora dalgún concurso artístico.





Nesta ocasión, xa cun pouco máis de experiencia e de tempo para a planificación (e a pesar dos contratempos), a presentación pública da mostra tivo un aire festivo e poético que en vindeiras ocasións seguramente se ha repetir. Grazas aos/ás que estivestes, especialmente a Uxía e a Roi por ler os poemas de Lois Pereiro e de Carlos Negro.

Comentarios