Persoal técnico e xurídico da Xunta levou a cambo unha actividade cos dous grupos de terceiro de ESO co fin de introducir ás novas xeracións no coñecemento da paisaxe e do territorio, inculcando nelas a importancia do seu coidado.
O obxectivo principal da iniciativa, que se enmarca no ‘Proxecto Terra’ é sensibilizar, concienciar, divulgar e formar a nenos e adolescentes sobre o medio e a intervención e ordenación do territorio.
Logo da exposición teórica dos técnicos, os alumnos realizaron una actividade práctica de ordenación do territorio que consistiu en localizar nun espazo diferentes infraestruturas e actividades, buscando o mellor xeito de integralas na paisaxe ao tempo que resulten funcionais. Rematada a práctica os alumnos gañaron unha carné honorífico de “inspectora urbanística”
Comentarios
Publicar un comentario