Unha sesión máis na construción deste proxecto colaborativo co grupo de voluntariado sénior do Concello de Padrón arredor da cuestión da crise climática e ambiental.
Nesta segunda parte, logo do traballo paralelo realizado no grupo de voluntariado e no de alumnado do noso centro, continuamos coa posta en común a través de dinámicas de interacción e dramatización coordinadas pola Feitoría Verde e a compañía Chévere.
Comentarios
Publicar un comentario