CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA

Desde este ano o día 23 de febreiro pasa a ser o día no que se conmemora o aniversario do nacemento da nosa Rosalía. logo de que fora descuberto un documento que acredita este acontecemento.

Con tal motivo, e como cada ano, quixemos contribuír á homenaxe que se celebra diante da súa estatua no Paseo do Espolón cun recitado de catro poemas lidos polo alumnado de 3º ESO e plantando unha figueira no patio do noso centro.










Comentarios