WEB NUTRICELA / CLUB DE CIENCIA

 Un proxecto moi interesante que se está a facer no noso centro, coordinado pola profesora de bioloxía, Sesé Figueira, para promover unha alimentación saudable e ecolóxica, variada e rica en alimentos próximos á nosa contorna. O obxectivo é contribuir á prevención das enfermidades con maior prevalencia na nosa sociedade, relacionadas cunha alimentación e hábitos pouco saudables e dar un paso adiante na loita individual contra o cambio climático.

Preme na imaxe para acceder ao enlace da web.


Comentarios