ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS DO 25-N

 

O pasado xoves 25 de Novembro, o noso centro organizou unha serie de actividades interdisciplinares que tiveron como finalidade sensibilizar á comunidade educativa en particular e á cidadanía en xeral sobre o problema da violencia machista. O profesorado que participa nos proxectos educativos que estamos a desenvolver durante este curso abandeirou esta iniciativa que contou co apoio de profesorado e alumnado, pero foron os grupos de 3º e 4º ESO quen participaron na actividade central deste día. Nesta  CARREIRA SOLIDARIA, que tivo lugar no Paseo do Espolón, o alumnado portou carteis alusivos ao tema en frances e galego que foron pendurados máis tarde nas paredes do corredor de entrada. Cabe mencionar tamén o proceso de realización dun mural que estará proximamente rematado e que embelecerá o noso patio interior.
O Camilo saca a tarxeta vermella ao machismo
TARXETA VERMELLA AO MACHISMO










Comentarios