VISITA AO CENTRO DE DÍA. O TEMPO PASA VOANDO.


Na visita que tivemos hoxe ao centro de día levamos unha gratificante sorpresa. Un encantador asistente (Santi) fixo que o comezo da conversación fose máis ameno. Tivemos a boa oportunidades de coñecer as historias e anécdotas de Elvira, Carmen e Lola, posteriormente unironse á conversa Manuela e Bautista. O tempo pasounos voando debido a que era moi doado manter unha conversa onde abarcamos temas como a xuventude, os costumes pasados e o machismo. Acabamos moi contentos e con moitas gañas de volver. 


Comentarios