VISITA AO CENTRO DE DÍA IGLEMEN


O venres 19 de novembro, o grupo 1, formado por Elena, Iria, Nerea, Rocío, Paula Hong e María asistimos de novo ao centro de día IGLEMEN para continuar coa actividade onde, durante a hora de psicoloxía, temos contacto con persoas da tercera idade.
 
Desta vez, a nosa compañeira Elena si se puido unir, e mostrouse moi positiva, trataba de coñecer aos usuarios e buscar se tiña algún tipo de contacto con eles (ben por coñecidos ou familiares). Ademais, desta visita, as sillas estaban dispostas de diferente forma, en círculo, o que transmitía unha mellor sensación. O número de individuos presentes era maior que da última vez: 2 homes e 5 mulleres (unha delas era de Austria o cal chamounos moito a atención).

O transcurso da hora foi máis ou menos a mesma, primeiro presentámonos aos novos usuarios e, a continuación, falabamos con eles e elas do que fixeran durante a semana ou sobre o que tiñan pensado facer durante as Navidades. Destacar que tamén falamos sobre comida o que non foi moi ideal, pois comezamos a ter fame....

Entre as persoas maiores, algunhas case non interactuaban con nós mentres que outras tiñan moita soltura tanto para falar como para realizar cualquera actividade (por exemplo, dixeronnos que a señora austriaca era moi elástica e que "daba gusto vela facer ximnasia").

A modo de conclusión, podemos decir que estamos moi contentas e con gañas de seguir facendo esta actividade, e que Lola está a gañar o noso agarimo.

Comentarios