SESIÓN DE FORMACIÓN DO GRUPO DE MEDIACIÓN

O psicólogo Carlos Vila Lago, profesor universitario e experto en procesos de mediación na resolución de conflitos, estivo a tarde do martes no noso centro para coordinar a primeira sesión de formación do alumnado na resolución de conflitos entre iguais.

O GRUPO DE MEDIACIÓN está formado por alumnos e alumas de diferentes idades e niveis académicos que se ofreceron voluntariamente para asumir un importantísimo papel no proceso de resolución de conflitos que se dan dentro e fóra das aulas a través da aprendizaxe de estratexias de mediación coas que toman contacto dun modo práctico. 

É de admirar o seu persoal compromiso de facer máis humano e máis solidario o noso centro, apostando pola resolución pacífica e dialogada dos conflitos que se producen entre as persoas.




Comentarios