SEGUNDA VISITA AO CENTRO DE DÍA

O Oasado vernes 26 de novembro visitamos por segunda vez o Centro de Día de Padrón. Foi unha grata experiencia, xa que contamos outra vez con Elvira, Carmen e Lola, e logo viñeron Bautista e Manuela. Tamén charlamos con Pepe, un antigo mariñeiro que nos contou moitas anécdotas e con quen tivemos unha agradable conversa (incluíndo un interesante e sorprendente dato sobre o pene das baleas). Xa temos moitas ganas de volver e seguir escoitando máis anécdotas pasadas e as súas opinións sobre temas actuais. 


Comentarios