O día 29 de outubro, nós, o grupo 1, integrado por Elena, Iria, Nerea, Rocío, Paula Hong e María asistimos o centro de día IGLEMEN para comenzar unha actividade novedosa para nós que, dependendo de cómo se desenvolva, prolongarase ó longo de todo o curso.
Como dicíamos, o día 29 trasladámonos o centro de día, mais, desgraciadamente, a nosa compañeira Elena atópabase indisposta, polo que non puido asistir.
Non obstante, esperamos impacientemente que se una a nós para desfrutar desta confortante actividade
Ao ser o primeiro día, foi unha toma de contacto cos individuos que se atopaban presentes, tanto os dous coidadores do centro, un home e unha muller que nos recibiron moi amablemente e cos brazos abertos, como cos usuarios, case todas mulleres, non sendo por un home que se incorporou máis tarde. Estes eran Lola, Elvira, Maruja, Manuela e Bautista.
O centro de día, ao estar situado no mesmo concello do que algunhas de nós somos residentes ou veciñas, fixo que nos atopáramos con xente que vive na mesma zona ca nós e q tamén coñece algunhas persoas da nosa contorna (avós e avoas, tíos e tías...)
Presentámonos, tanto eles coma nós, e falamos da súa vida actual mais tamén da súa nenez. Interesáronse incluso pola nosa vida (que queremos estudar por exemplo) e de cómo nos atopábamos.
Entre as persoas maiores, encontrámonos cunhas que presentaban maiores dependencias ca outras, pois había señoras que case non interactuaban con nós fronte outras que tiñan moita soltura tanto para falar como para realizar cualquera actividade, como por exemplo sumas ou un simple puzzle (cando chegamos, Lola atopábase facendo estas contas matemáticas).
A modo de conclusión, podemos decir que, a pesar de ter ido so un día, de esperemos que moitos, saímos moi contentas e con gañas de mais horas de "cháchara" con Manuela (sen lugar a dúbidas a máis activa do grupo), de historias relacionadas con alimentos de Elvira e incluso de anécdotas dun dos coidadores.
Polo que puidemos observar, os maiores son a riqueza atesourada da nosa sociedade, que ten moito que dicirnos e ensinarnos. Desexamos con forza que así seXa ó longo de este curso, onde ademais de falar realizaremos actividades con eles para, da mesma forma, estimulalos a interactuar con persoas de idades máis novas coas que non están acostumados a tratar.
Comentarios
Publicar un comentario