MARÍA E ESTEFANÍA ACHÉGANSE Á NOSA AULA DE PSICOLOXÍA



Hoxe tivemos a fortuna e a honra de recibir na aula a unhas convidadas moi especiais: María, coidadora da súa nai, e Estefanía terapeuta encargada da súa estimulación terapéutica en AGADEA, en Santiago de Compostela. A través destas dúas persoas e do seu necesario e complementario labor puidemos facernos unha idea da complexidade do problema que supón ter unha persoa con demencia na familia: dende a burocracia que conleva a xestión da asistencia até os custes psiquicos que este tipo de enfermidade supón para as persoas que se encargan do seu coidado diario e continuado.  

Esta visita forma parte do programa de sensibilización que está a desenvolver esta asociación nos centros de ensino co obxecto dar a coñecer o impacto que as demencias senís teñen na familia e na sociedade en xeral. O programa, ao que fixemos xa referencia neste blog, comezou cunha videoconferencia a cargo do neurocientífico Carlos Spuch e continuará con outra sesión a cargo de Estefanía, que complementará este achegamento ás demencias dende a súa especialidade terapéutica.

Comentarios