CELEBRAMOS SAMAÍN COS NOSOS VECIÑOS

Na semana do Samaín fomos de visita ao Colexio Iria Flavia, onde os alumnos de 4º ESO A fixeron obradoiros de manualidades e
relatos de contos cos rapaces de 1º y 2º de Primaria; o resultado foi a creación dunhas personaxes únicas realizadas con cabazas e follas de magnolio que recollimos do noso patio, despois os pequenos pintáronas e entre todos crearon unha historia de medo na que o protagonista era a cabaza. Foi unha mañá moi divertida!!

Comentarios