VISITA AO CENTRO DE DÍA. A NOSA PRIMEIRA IMPRESIÓN.




A nosa primeira impresión ao entrar foi a de unha habitación acolledora, cálida e decorada coas manualidades feitas polos anciáns con moito cariño. Había soamente 3 persoas da terceira idade e dous coidadores que tiñan aparencia afable e amistosa, pero máis tarde uníronse máis integrantes. Cada un presentouse e era notable a pouca confianza por estar rodeados nunha sala con descoñecidos, pero a medida que ían aparecendo os temas de conversación, a soltura na nosa forma de falar afianzouse. Intercambiamos anécdotas e situacións dos nosos día a día. Tamén puidemos observar como os corazóns dos vellos ían abríndose pouco a pouco a nós e tiñan unha actitude cada vez máis xovial. Carmen, Lola, Elvira, Bautista... todos eles moi interesantes pero en especial sorprendeunos as vivencias de Pepe, o cal gusta do mar por todo o que recorreu en barco.Satisfeitas polo agradable rato, nos despedimos dos protagonistas desta actividade con tristeza. Foi moi interesante e aprendemos moito, polo que estamos desexosos de volver a compartir novas experiencias no lugar.


Comentarios