Que dicir deste libro que nos achega a unha sociedade romana non tan distinta da nosa? Plinius é unha saga de tres mangas sobre a historia e vivencias do escritor latino do mesmo nome, un relato que non sempre se inspira en feitos reais pero que conserva dalgunha forma esa vida chea de sabedoría da que si temos constancia.
Nestes mangas vemos como Plinio está conectado co mundo do coidado, exactamente co coidado da mente, xa que é un home que leva a súa capacidade de análise e a súa curiosidade a calquera ámbito. É impresionante o ben que se reflicte en cada momento da historia a importancia de manter viva a cabeza, tan esencial para manter a saúde mental e a saúde integral. Xa sabes, mens sana in corpore sano.
Iria
Lamas García. 1ºA BAC
Comentarios
Publicar un comentario