LECTURA CRÍTICA DE IMAXE 1 / A PUBLICIDADE - UNIVERSO DISNEY

 



Esta tarefa foi complementaria do traballo de investigación realizado na materia durante o terceiro trimestre. Os grupos puideron elixir entre seis opcións temáticas que tiveron como fin a produción dun traballo de análise crítica de carácter colaborativo. Nesta última fase, os grupos tiveron que elaborar un guión e tomar contacto con ferramentas de edición de vídeo para, finalmente, presentalo publicamente diante do resto da clase.

Lamentablemente, a política de dereitos de autor de Disney, impide a publicación de varios traballos que usan fragmentos das súas películas como materia de investigación crítica. O nivel de desempeño e de logro acadado en todos eles fai desta actividade o exemplo sintético do que se persegue na materia de filosofía: un proceso de ensino-aprendizaxe crítico basado nas competencias e aplicado á produción de materiais extraídos da realidade cotiá, física e dixital. 

É o caso dos interesantes traballos dos grupos formados por Cris Santaló, Ainoha Míguez e Ana Cabo, Teo e Marco Piñeiro e Lida Rodríguez, ou o de Carla Rey e Emma Agrasar.


Comentarios