Iniciamos tamén o proxecto de redacción e lectura compartida de ensaios arredor de preguntas filosóficas. E desta vez o lema desta convocatoria mensual é A LOUCURA.
A actividade parte dunha serie de preguntas, liñas de interese, plans provisionais de reflexión que o alumnado de filosofía de primeiro de bacharelato e de cuarto da ESO teñen que utilizar como recurso para a elaboración dunha coasmposición orixinal que poida atraer o interese da audiencia, nesta fase o resto da clase.
O alumnado utilizará como referencia unha rúbrica feita para a ocasión na que poderán comprobar cales son os criterios de selección das dúas mellores producións mensuais. Os/as seleccionados/as pasarán.
a formar parte das fases semifinal e final que terán lugar no centro contra o fin do curso. O grupo será o encargado de elixir as producións de entre todas as lidas a través dunha puntuación simple pública que coordinará un/unha secretario/a.
Comentarios
Publicar un comentario