ANDAINA / PADRÓN-RUTA DAS PENICIAS-PADRÓN



O martes 1 de xuño, un nutrido grupo de alumnado de 4º ESO realizou unha pequena proeza que quizais será inesquecible para alguén: camiñar durante máis de cinco horas polos camiños que nos conduciron do Santiaguiño até Casa do Porto, en Rois, para descender por unha esplendorosa paisaxe da ribeira do río dos muíños de Buxán até o chan da igrexa de San Mamede de Rois. Ao pé da igrexa e antes do xantar campestre tiveron ocasión de enredar con xogos tradicionais animados por dous monitores.


Dentro do que cabe, o peor foi a volta. Xusto canda o xantar, o tempo aboltóuse e o frío obrigóunos a partir e a prolongar a ruta por un traxecto bastante esixente que, con todo, non foi atranco para chegar con puntualidade para coller o transporte.

Comentarios