OBRADOIRO DOS SERVIZOS SOCIAS DO CONCELLO



Comezou a primeira sesión do Obradoiro sobre Servizos Sociais e Voluntariado nos grupos de valores éticos do departamento de filosofía. As actividades están coordinadas por dúas educadoras sociais do departamento e teñen como finalidade informar sobre a natureza dos servizos que ofrecen desde as institucións locais e sensibilizar tamén á mocidade sobre a problemática da desigualdade social, agravada polos efectos da pandemia da COVID19 .



A través deste ciclo queremos visibilizar dalgún xeito o necesario labor das persoas que traballan nos servizos sociais de ámbito local e a realidade agochada de familias, colectivos e persoas que por mor de diversas circunstancias están nunha precaria situación económica, social e/ou psicolóxica. Só a través da acción compensatoria das institucións públicas e da acción solidaria individual e colectiva podemos compensar estas desigualdades. Paralelamente á necesaria reivindicación política, dereito e deber da cidadanía, está a acción moral responsable e solidaria que pode exercerse a través do voluntariado. Por iso é necesario facer chegar á mocidade a posibilidade de participación social a través tamén desta alternativa.

Comentarios