OBRADOIRO DE LAND ART CON CAMILO SEIRA 1





Onte desenvolvemos a primeira sesión do Obradoiro en horario de tarde, logo de facer un xantar colectivo na finca do Cadavid. Despois dunha primeira inspección do terreo para examinar os posibles materiais e os espazos de intervención, decidimos finalmente dividir o grupo en dous colectivos para realizar unha obra conxunta. O primeiro deles, dirixida por Camilo Seira, realizóuse a partir da aportación de varas de eucalipto dispostas de modo transversal sobre tres árbores, tamén eucaliptos, a modo de trenza tradicional de valla. A segunda, máis rústica e menos firme, un corredor triangular constituído por aportacións de varas de mimosa e que contén no centro unha pedra pendurada sostida por unha corda de enredadeira.


Máis aló dos obxectivos estéticos, a actividade ten un valor educativo e experiencial obvio, como instrumento de cohesión do grupo, como actividador dunha sensibilidade ética e estética e como ferramenta terapéutica en tempos de pandemia. Neste sentido, creo que esta circunstancia limitante abre tamén a porta a un novo enfoque do tempo libre que pode ter como resultado unha maior inclinación cara ao disfrute da natureza e do lecer máis san.











Comentarios