Velaquí o vídeo que compuxemos desta festa tan emotiva celebrada no patio traseiro do centro, ao pé de carballo, presentada por Alexandre Bermúdez e Yaiza Dopazo e cun discurso a cargo das alumnas Marina Miguéns e Alba Otero. Omitimos o discurso do director para facer o clip máis curto e para dar protagonismo a quen ten que telo nun día como tal. De madriñas, María José Seoane e Marga. Tarde de tiros longos e chaqueta (salvo dignas excepcións, claro está), pinchos e fotos a destra e sinistra.
Feliz voo.
Comentarios
Publicar un comentario