FIDEUÁ DE HORTALIZAS PARA OS DE SEGUNDO

 

Mágoa que non puidésemos estar todos/as nesta xuntanza festiva final das clases de psicoloxía e historia da filosofía. Con todo, foi un xantar moi agradable, a pesar de ter lugar no centro e coas limitacións pandémicas pertinentes. En paralelo ás responsabilidades institucionais asociadas aos nosos respectivos roles dentro da institución educativa creo que fomos forxando ao longo do curso unha relación humana basada no respecto mútuo, na intelixencia e nos afectos. Eses son os piares da convivencia e do crecemento individual das persoas. Quedan aínda grandes retos que superar, dúbidas e eleccións que irán conformando as vosas vidas, académicas e vitais, que vos farán medrar como persoas e como cidadáns. Continuade, pois, confiando en vós e nos demais, á hora de exercer ese ben tan prezado que é a liberdade, pulmón e corazón do futuro. Adiante, pois, aire e sangue novo. E moita sorte.

Comentarios