Último día de clase co grupo de psicoloxía cunha convidada especial, Pilar Lorenzo, nai de alumno, ex alumna e educadora social no departamento de servizos sociais do concello de Padrón, coordinadora de voluntariado.
A través deste encontro informal entablamos unha pequena conversa que tratou varios temas de interese tales como a formación académica e profesional do persoal laboral deste departamento, as súas funcións e o organigrama, o voluntariado como forma de aprendizaxe e de participación social para o alumnado que inicia a súa formación universitaria…
Deste modo comezabamos hoxe unha xornada formativa que se desenvolveu ao longo do día nos cursos de valores éticos e que continuará a vindeira semana para dar a coñecer o papel dos servizos sociais e a súa función social e sensibilizar á mocidade da importancia das institucións para paliar as desigualdades, agravadas como consecuencia da pandemia.
Comentarios
Publicar un comentario