

Poderíase dicir que tivemos mala sorte co tempo. Logo de días sen choiva e famentos/as de aire libre non tivemos outra opción que mollarnos un pouquiño para poder camiñar da man do ecólogo e investigador da USD, Luis Tapia. A actividade, dirixida ao alumnado de Valores éticos de 3º ESO achegóunos á comprensión da influencia da actividade humana na complexa rede de relacións entre as especies e o equilibrio medioambiental e os seus efectos a curto e a longo prazo. A actividade urbana e a agricultura e gandería industrial son as causas fundamentais do deterioro da dinámica fluvial do río que cantou a nosa Rosalía. Máis tamén a construción da canle de derivación do caudal na década dos noventa como solución ás inundacións sen que mediara ningún tipo de criterio ecolóxico ao respecto. Por todas estas razóns o estado actual do río é calamitoso. Luis non cansou de insistir na responsabilidade de todas as persoas no coidado deste ben tan preciado e na confianza da educación das novas xeracións para poder seguir conservando á fin a vida. E esa é precisamente a tarefa do ecólogo.
Comentarios
Publicar un comentario