Luns, 15M
A psicóloga clínica padronesa Ana Núñez Rubines, coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias, asistíu outro curso máis á aula de psicoloxía para conversar connosco arredor de varios temas de interese que teñen a ver coa psicoloxía como vía formativa e profesional e coa función terapéutica que pode ter, neste caso, en situacións de emerxencia cun gran impacto social, ademais doutras como as de violencia de xénero, accidentes nos que falecen varios membros dunha familia, desparicións ou mesmo accidentes laborais.
Mais tamén a charla derivou cara a aspectos tamén de gran importancia tal como o impacto psicolóxico do prolongado confinamento e da pandemia do Covid19 sobre toda a poboación e especialmente sobre determinados colectivos máis vulnerables á perda do contacto social e dos que non podemos excluir a xuventude adolescente.
A charla serviu tamén de prólogo ao módulo temático A perda afectiva.

Comentarios
Publicar un comentario