CICLO DE ACTIVIDADES / ENSAIO-INFORME-DIÁLOGO


Comezamos xa coa primeira sesión de diálogo. E insistimos nesta denominación porque entendemos que na análise das ideoloxía non hai victorias nin derrotas, senón argumentacións máis ou menos plausibles, razóns máis ou menos persuasivas que poden engadir atractivo ás nosas ideas. 

Sabemos que as relacións que mantivemos os humanos coas demais especies foron de dominio. Hoxe a mentalidade está a cambiar e hai conceptos que cómpre manexar para poder facer unha reflexión máis intelixente e máis sentida. Entre os aspectos que cobran actualidade están a ética animal e a cuestión dos dereitos das especies, o concepto de benestar animal e os seus límites conceptuais e éticos e a cuestión das dietas, en canto supoñen sen ningunha dúbida unha especial actitude diante do problema.



É gratificante, por tanto, observar o interese que amosa o alumnado nesta cuestión e a intelixencia e o sentido moral que son capaces de encarnar, a alegre e decidida disposición a redactar con orixinalidade e ás veces cunha sorprendente profundidada os seus ensaios, a elaborar os informaes individuais e poñelos ao servizo do grupo para a súa exposición pública. E aínda acabamos de comezar.  

Comentarios