A ARTE CONTEMPORÁNEA NO CUARTO DE FILO


 

A pasada semana asistimos na aula a unha videoconferencia cuxa iniciativa correu a cargo do Centro Galego de Arte Contemporánea de Compostela. O obxectivo é o de achegar á xuventude a creación artística recente e familiarizala coa variedade de criterios e manifestacións estéticas actuais: intervencións e accións nos espazos, múltiples soportes e montaxes...que fan do museo un espazo en constante transformación que reclama unha mirada intelixente por parte do espectador.

Aceptado o reto creativo de deseñar unha intervención no noso espazo cotiá (a aula, o centro) toca agora poñérmonos a reflexionar conxuntamente sobre este plan creativo pensando na súa significación e na nosa capacidade de produción. A primeira sesión de choiva de ideas foi moi prometedora, a verdade.

Comentarios

Publicar un comentario