CÓIDOME, CÓIDASME, COIDÁMONOS






 
Por que non aproveitar o aprendido no primeiro trimestre na área de Lingua Castelá e Literatura relativo as modalidades textuais da narración, da descrición e da exposición? O alumnado de 1º B da ESO redactou a finais da primeira avaliación diversos textos que responden a temática proposta para este ano no Club de Letras: O Coidado.

A proposta inicial consistiu en que escolleran situacións próximas a eles, ou non, sobre familiares dependentes, sobre familiares con profesións diversas que atendan o coidado das persoas ou que recollesen información sobre diversas enfermidades e o seus coidados.

Tras a elección do que ían redactar, decidiron que modalidade de texto empregarían.

Rematado o traballo, e despois de mellorar as súas redaccións, fixeron a lectura en clase para os seus compañeiros.

O resultado foron diferentes textos: narracións nas que os sentimentos flúen, xa que a dor e o amor no coidado dos seres queridos con demencia, alzheimer, cancro… está presente; exposicións sobre distintas enfermidades, onde definiron brevemente o mal, describiron as súas fases e ofreceron os coidados que son precisos. Nestas exposicións o mal máis nomeado foi o cancro nas súas diversas manifestacións (de próstata, neuroblastoma, no endometrio, de fígado, de estómago…). Outros textos tratan das profesións de familiares que se dedican ao coidado de enfermos, por exemplo, o labor dun auxiliar de enfermería nun xeriátrico ou o traballo dun médico forense, onde aprendemos algúns nomes do instrumental que emprega.



O exercicio serviu para reflexionar sobre as enfermidades que nos tocan directa ou indirectamente; para considerar o papel de nais, pais, coidadores, médicos…; para mostrar sentimentos ás persoas queridas que padeceron no pasado ou sofren e precisan no presente de coidados profesionais e familiares; para empatizar co sufrimento dos compañeiros, dos enfermos… Serviunos tamén como terapia ante a pandemia da que, curiosamente, ninguén quixo abordar como traballo.
What do you want to do ?
New mail

Comentarios

  1. Parabéns pola experiencia educativa. Paréceme moi interesante a actividade polas súas implicacións interdisciplinares.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario