A CEO ABERTO, A PELI DE VALORES



 "A ceo aberto" é unha película documental que nos está a revelar unha verdade que arreo está agochada baixo o manto da normalidade. A través de dous relatos paralelos pero cun claro protagonismo das persoas máis novas imos coñecendo como é a súa vida diaria e a do persoal que se encarga do coidado e da súa educación personalizada. 

De grande interese para todos os públicos, tamén para o alumnado de terceiro da ESO, que está a descobrir cunha nova mirada un ámbito de realidade humana diverso e frecuentemente alleo á súa vida cotiá, o dos nenos e nenas que non atopan un sitio nos espazos e tempos das escolas oficiais e a das persoas adultas que adican a súa vida profesional ao seu coidado e coñecemento. 


Comentarios