O coidado é sinónimo de saúde. As persoas que se coidan xeralmente teñen saúde. E o que vale para o corpo vale tamén para a mente. Somo unha indisolubilidade de corpo e mente. Por iso resulta escandalosamente curioso constar o estigma social da enfermidade mental. Quen padece unha enfermidade mental, quen sofre un trastorno mental, sexa leve ou grave, duradeiro ou pasaxeiro, padece ao mesmo tempo o dolor inmenso de verse apartado da sociedade, do conxunto de persoas que se consideran normais. Neste interesante e polifónico documental póñense en tea de xuízo moitos prexuízos que determinan a discrimación do colectivo de enfermos mentais. Un deles é o da normalidade. Quen decide que é normal e que é anormal?
Comentarios
Publicar un comentario