Os nenos e nenas necesitan coidados. Deles dependen para poder sobrevivir e para poder desenvolver as súas capacidades intelectuais e afectivas para a vida. Hai persoas menores que polas súas circunstancias, familiares, económicas, políticas ou relixiosas, non poden acceder a eles. Os nenos e nenas refuxiados/as constitúen un colectivo moi vulnerable que soporta por riba o estigma daqueles que veñen de fóra. Esta é a historia de Noura, unha nena siria que tivo que fuxir do seu país debido á guerra. Hai dous anos que chegou a unha illa grega onde aínda permanece sen poder exercer os seus dereitos máis fundamentais, o dereito á educación, entre outros.
Comentarios
Publicar un comentario