AUTOXESTIÓN EMOCIONAL E AUTOCOIDADO

Comezamos o Obradoiro de Autoxestión emocional da man da profesora Ana María García Liñares, pedagoga, educadora social colexiada nº 145 do CEESG, postgrao en intervención familiar e directora e monitora especialista en tempo libre e campos de traballo.

Esta actividade, dunha sesión semanal está dirixida ao alumnado de segundo de bacharelato terá como obxectivos:

  • Coñecer e experimentar diferentes técnicas útiles para xestionar o estrés,
    o enfado, o medo, a angustia, a rabia, a ira, ... e as emocións que nos
    dificultan as relacións e o día a día
  • Mellorar a capacidade de atención e concentración.
  • Tomar consciencia do propio corpo para mellorar a postura corporal e aslimitacións e malestares que o corpo presenta no seu día a díaTraballar o DARSE CONTA.
  • Desenvolver a socialización, crear sentimento de pertenza grupal e
    afianzar as alianzas de amizade entre as persoas de cada aula. 
  • Potenciaro respecto entre compañeir@s e especialmente o respecto a un/ha
    mesm@ como base de todoAprender a canalizar as emocións e a xestionalas.
  • Coñecer e aprender a utilizar a respiración para chegar a un estado de
    calma que lles permita aprender a aquietarse cando o precisen.
  • Mellorar a autoestima e a confianza en si mesm@ e n@s demaisMellorar a asertividade e integrar que todo o mundo ten dereito a ter criterio propio e a ser diferente.
  • Conectar co propio corazón.
  • Divertirse.

Esta actividade forma parte do proxecto interdisciplinar do Club de Letras para o presente curso.

 

Comentarios