LUZ POZO GARZA NO CLUB DE LETRAS DO IES CAMILO JOSÉ CELA

Hoxe, día 20 de abril de 2020, data do falecemento de Luz Pozo Garza, publicamos no blog os traballos que estivo realizando ao longo deste curso o alumnado de 2º de Bacharelato. Estes traballos resumen a traxectoria da nosa ilustre poeta, falecida hoxe uns meses antes de cumprir 98 anos.
Estes vídeos nacen como parte do noso proxecto Club de Letras, desenvolvido ao longo do presente curso e que procura manterse a pesar da situación de alarma sanitaria. Están pensados como unha explicación, dirixida ao alumnado de Educación Infantil das aulas Coralia e Maruxa do CEIP López Ferreiro de Santiago de Compostela.
Estes traballos achégannos á vida e á obra da autora, que hoxe xa comezamos a botar de menos.
O seguinte vídeo foi realizado polo alumno Iván Senín:

A continuación, o traballo de Ángela Méndez e Sara Moure:

O seguinte vídeo foi realizado por Martina Edreira:

Samuel Bahamonde é o autor do último vídeo:

Comentarios