HIPATIA

Ola, boas tardes, aínda que moi boas non están.

Na nosa tarefa de visibilizar as mulleres do mundo antigo cuxas figuras quedaron ensombrecidas ou directamente esquecidas, o alumnado de Latín de 1º de bacharelato, malia o confinamento ao que se ve obrigado, fixo unhas espléndidas presentacións sobre Hipatia, unha das grandes científicas da antigüidade. Matemática, filósofa, astrónoma, a súa figura quedou relegada fronte aos grandes pensadores do mundo grego (aos romanos, en xeral, gustáballes pouco teorizar). 

Se queredes coñecer esta extraordinaria muller, tedes a oportunidade de facelo da man de Uxía Gerpe, Claudia Núñez e Hugo Rial. Non vos esquezades tamén vós de Hipatia e abride estas presentacións de Uxía e Claudia. O documento de Hugo Rial podedes consultalo en pdf premendo no seguinte enlace.


Comentarios