E seguimos nestes marabillosos martes estético-filosóficos. E desta vez non nos visitou un artista de fóra. Para que se o temos na aula? Héctor Lamas falounos das razóns que o levaron á creación, falou de música, de rima, de amigos, de ilusións, de proxectos. E contestou ás preguntas que foron xurdindo nestes intres tan calmos e de tanto interese logo de facer o visionado desta peza que nos descobre a un artista da casa. Por sempre.
Comentarios
Publicar un comentario