PODE A FILOSOFÍA TRANSFORMAR A REALIDADE?

Quizais soe demasiado pretencioso o título deste breve artigo, pero algo de certo hai nesta pregunta. Analizar e someter á crítica racional a realidade foi e segue a ser unha das ferramentas fundamentais de cambio social. E iso é o do que falamos nesta sesión de aula e tamén da nosa intención de concertar unha cita coa propietaria da xoguetaría da localidade para transmitir as conclusións e valoracións persoais do alumnado que realizou un traballo de investigación sobre as representacións sexistas implícitas e explícitas contidas nos catálogos de xoguetes.
A vindeira semana achegarémonos ate o local comercial da xoguetaría para entregar as cartas que conteñen as conclusións persoais e para poder escoitar a opinión da xerencia do local. Xa iremos contando.



Comentarios