MONTAXE DA EXPOSICIÓN DE LARA BARREIRO

Lara Barreiro (fotógrafa e estudante de grado de Historia da Arte na USC) é a segunda artista convidada a expoñer na Aula Galería e vén de montar a exposición de fotografías (e unha excelente pintura) que a comunidade educativa do Cela poderá visitar dende o 21 de xaneiro ao 21 de febreiro, aproximadamente.

A presentación da artista terá lugar o vindeiro martes, na segunda sesión, diante do grupo de primeiro de bacharelato. Pero todo o alumnado, especialmente o que pasa pola aula de filosofía, terá a oportunidade de desfrutar da exposición.


A serie de rostros humanos que compoñen esta mostra, labrados todos pola rella da vida e engrandecidos pola maxia da luz de Lara, compoñen unha paisaxe que dignificará o noso espazo de traballo cotiá e nos animará a afondar no misterio das miradas e dos xestos atrapados nese instante.
Por tanto, agradecémosche, Lara, tanto amor na ollada, tanta arte.

O vindeiro martes, o alumnado poderá manter unha charla sobre os diferentes aspectos da creación artística en xeral e da súa obra en particular e sobre a formación académica da convidada. As imaxes servirán como pretexto para a creación literaria.







Comentarios