Inauguración da exposición de Lara Barreiro

Durante a sesión de filosofía de Primeiro de bacharelato do martes pola tarde asistíu á aula a artista Lara Barreiro, convidada neste segundo trimestre do proxecto Aula Galería. O encontro tivo como finalidade a presentación da súa mostra fotográfica e pictórica que estará pendurada das paredes da nosa aula.

A actividade consitiu basicamente nunha charla desenvolvida a partir de preguntas orientadas ao coñecemento da súa obra e da súa formación artística, á natureza do proceso creativo e aos seus gustos estéticos. A obra exposta, ademais do valor artístico, ten un significado antropolóxico xa que os protagonistas son persoas maiores que viven (ou viviron) nunha socieade rural en vías de extinción. Da conversa desprendéronse tamén algunhas observacións relativas á condición da muller dende o punto de vista cultural e artístico.

O acto rematou cunha fotografía colectiva que se distribuiu a través do grupo de wapp entre todo o alumnado deste nivel. Lamentablemente, dada a premura de tempo do alumnado que tiña que usar o transporte escolar ao remate da sesión, non puidemos gardar as impresións da convidada no libro de visitas.

Comentarios