ENCONTRO NA AULA CON PILAR LESTIDO, PSICÓLOGA




No día de hoxe tamén ten lugar a primeira sesión da actividade dirixida ao alumnado de psicoloxía a cargo da psicóloga e xefa do departamento de orientación do centro, Pilar Lestido, como complemento dunha tarefa deseñada arredor do tema da diversidade funcional e a integración social. Basicamente, nesta primeira sesión abordáronse unha serie de cuestións de interese para a materia tales como as precisións terminolóxicas sobre a cuestión e a función do deparamento como vehículo de integración da persoas con discapacidade e necesidades específicas de apoyo educativo. A segunda sesión consisitirá na presentación dalgunha proba estándar de diagnóstico para que o alumnado poida ter unha experiencia directa cos recursos que utiliza a psicoloxía no eido educativo. 

Canto á cuestión da diversidade funcional este departamento está a organizar unha actividade en colaboración coa Asociación Amipa Padrón-Rois-Dodro consistente nunha visita á aula dun pequeno grupo de usuarios da Asociación que xirará arredor dos dereitos da persoas, pendente aínda de concreción de datas.

Comentarios