ENCONTRO COA PSICÓLOGA PILAR LESTIDO




Primeira sesión da actividade dirixida ao alumnado de psicoloxía a cargo da psicóloga e xefa do departamento de orientación do centro, Pilar Lestido, como complemento dunha tarefa deseñada arredor do tema da diversidade funcional e a integración social. Basicamente, nesta primeira sesión abordáronse unha serie de asuntos de interese para a materia tales como as precisións terminolóxicas sobre a cuestión e a función do deparamento como vehículo de integración da persoas con discapacidade e necesidades específicas de apoyo educativo. A segunda sesión consisitirá na presentación dalgunha proba estándar de diagnóstico para que o alumnado poida ter unha experiencia directa cos recursos que utiliza a psicoloxía no eido educativo. 


Comentarios