O pasado 3 de decembro tivo lugar unha interesante charla coloquio coa psicóloga padronesa Ana Núñez Rubines, coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias de Galicia para falarnos sobre a perda e o dó. A súa experiencia é ampla en variados casos onde se produce un acontecemento traumático de gran impacto ao que o Grupo ten que facer fronte de maneira inmediata.
E este coñecemento da materia o que engade a esta cuestión un especial interese e o que fai establecer un paralelismo entre o seu labor e a función tradicional do sacerdote (ou mesmo do filósofo): servir de axuda para facer fronte á dolor e á perda de sentido que provocan os shocks emocionais derivados da morte, os accidentes de tráfico, naufraxios, catástrofes naturais, perda de vivenda... e todas estas circunstancias que permanentemente esixen de nós unha actitude comprometida e tenaz coa vida.
A psicóloga debuxóunos no curto espazo dunha sesión o mapa da perda afectiva, as diferentes circunstancia, as súas tipoloxías e as súas especificidades mais tamén os posibles camiños que as persoas doentes poden percorrer, cadaquén ao seu ritmo e á súa maneira, para volver a vivir unha vida plena, chea de sentido.
Comentarios
Publicar un comentario