Galería de imaxes
224 pés de miguel 437 de alba e 340 de carlos
178 anchos de corpo de jéssica
210 antebrazos de paula
78,5 extensións de brazos de uxía
131 zancos de ángela e 129 de antía
240 brazos de azucena
109 pernas de rosalía
185 costas de iván
235 cóbados de marina
475 mans de amara 453 de yaiza e 437 de nere
607 puntas de pé de diego
58 brazos de álvaro
200 zancadas de ismael
201 cús de hugo
até o recuncho violeta
303 mans en vertical de claudia
ate a cafetaría
119 cabezas de alexandre
até o banco da entrada
432 pasos de superficie de planta
segundo as pernas de andrea
437 palmas de man
até onde chegou froilán
e 519 dedos índice
que rabuñan a pelica do mundo
con brazos que tamén aman
mans e pés que conducen ao posible
con cóbados zancos e lombos avanzados
e alancadas que anuncian viaxes e regresos
anchos de corpo
e toda esa largueza de pernas
e mans apuntando cara ao vertical
o músculo é a superficie onde eclosiona o corpo
hai designios que o agardan e o tempo retrocede
esta é a masa pensativa e flutuante
que todo o impregna e que tanto nos conmove
Comentarios
Publicar un comentario