CONCURSO DE RELATOS EN SAMAÍN


Concurso de relatos de Samaín
Como é tradicional, a Biblioteca e o Departamento de Lingua Galega convocaron un concurso de relatos para o Samaín. Non obstante, este ano houbo un cambio importante, xa que ademais da temática de terror, os contos tiñan que reflectir un cambio nos roles de xénero tradicionais, ilustrando a idea en torno á que xira o Club de letras e que se concreta no lema Cámbiache o conto.


Na categoría de 1º e 2º de ESO, o primeiro premio foi para “A noite de Samaín”, de Noemí Duro Castro, e o segundo para “O monstro de madeira”, de Irene Maril Grela, ambas de 1º de ESO-A.
Na outra categoría, a gañadora foi Marta Le Pérez Boga, de 4º A, co seu relato “Mensaxes dun morto”; o segundo premio foi para “Bruxas”, de Claudia Núñez Arufe, de 1º de Bacharelato. Houbo tamén un accésit para o conto “Mario” de Amara Figueroa Codesido, tamén de 1º de Bacharelato.


Comentarios

Publicar un comentario