A democracia, como modo de organización política, foi inventada polos gregos na súa forma asamblearia. Os asuntos da cidade (polis) decidíanse na praza pública (ágora); ben é certo que quen decidía daquela eran os homes nados na polis e quedaban fóra extranxeiros, escravos e mulleres. Hoxendía a democracia como forma de decisión política é representativa. A cidadanía elixe a través de sufraxio universal os representantes que deciden os asuntos que afectan á vida política. Eles e elas son constitúen o poder lexislativo encarnado no Parlamento e elixen o presidente do goberno ou poder executivo. O poder xudicial, en mans de xuíces e xuízas, é o único poder que non emana das urnas e en teoría exerce unha función de control sobre os demais poderes.
Asunción Yeguas Sánchez é medica de profesión e a primeira muller xerente do Sergas en Galicia. Foi diputada no Parlamento galego polo Partido Popular durante quince anos, ocupando varios cargos de relevancia. Na actualidade traballa como médica e é representante sindical e activista feminista.
Xesús Vega Buxán é economista e profesor universitario. Dirixente do Movemento Comunista de Galicia foi membro tamén do Consello Nacional do BNG. Foi deputado no Parlamento durante tres lexislaturas.
Juan Fajardo Couso, informático de profesión, sindicalista e membro do PCE foi concelleiro en Vilagarcía e deputado por AGE no Parlamento durante unha lexislatura.
Comentarios
Publicar un comentario